mércores, 25 de abril de 2012

Librixogos!!

En abril... libros mil. Dende a biblioteca “Ramón Trigo” durante este mes estaremos argallando actividades para celebrar a festa dos amigos de libriño, OS LIBROS. Aquí tedes uns xogos para facer xuntos na casa. Para comezar... premede na frecha.

martes, 24 de abril de 2012

luns, 23 de abril de 2012

O Cullarapo Croque


Esta xoia da poesía e ilustración galega chegou o pasado venres á nosa escola.
MIGUEL ÁNGEL ALONSO estivo na nosa Biblioteca para recitarnos os seus fermosos poemas, acompañados das impresionantes ilustracións de LUZ BELOSO.
Ademáis, todos xuntos bailamos "a danza dos cullarapos", baixo a inmellorable dirección artística da profe Elena, quen tamén interpretou, xunto con teacher María, un dos poemas do libro: "Sabela".
Para non esquecer a este cullarapiño tan lindo, levamos para casa un marcapáxinas como agasallo.

Aquí tedes as fotos!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow created with Smilebox


martes, 10 de abril de 2012

PREMIOS SM 2012- 34ª EDICIÓN


Los Premios de Literatura Infantil El Barco de Vapor y Juvenil Gran Angular se crearon en España en 1978. Desde entonces la Fundación SM los convoca todos los años con el fin de promover la creación de una literatura para niños y jóvenes que fomente el gusto por la lectura y transmita, con calidad literaria, unos valores humanos, sociales, culturales o religiosos que ayuden a construir un mundo digno.

El día 13 de marzo se dio a conocer en rueda de prensa los nombres de los ganadores: Jesús Díez de Palma Premio Gran Angular y Catalina González Vilar Premio El Barco de Vapor, para infantil,  por EL SECRETO DEL HUEVO AZUL.
“Imagina que tienes que cuidar un huevo azul celeste. Un día se abre... y aparece el animal más increíble que jamás hayas visto. Pero no se lo puedes enseñar a nadie porque solo existe en tu imaginación.”
Si che interesa mira este video que a autora ten en youtube:




PREMIOS HANS CHRISTIAN ANDERSEN 2012


A editorial Randon House Mondadori deu a coñecer estes días, aos gañadores destes premios na categoría de escrito/a  e ilustrador /a. É o recoñecemento mais importante a nivel mundial dentro do xénero da literatura infantil e xuvenil.
A escritora argentina  MARÍA TERESA ANDRUETTO gañou o Premio como escritora. É autora de contos infantís como  "La niña, el corazón y la casa", "Solgo", "Campeón", "El incendio",  "Trenes. Una historia de amor para niños", "El árbol de lilas", etc. Leva mais de 30 anos traballando na creación literaria e na formación do profesorado, moi preocupada por acercar aos cativos textos de calidade e con sensibilidade. http://www.teresaandruetto.com.ar/
No ámbito da ilustración, o gañador foi o ilustrador checo PETER SIS. O xurado destacou a súa gran orixinalidade e o seu talento para crear historias empregando diferentes deseños e mesturando distintas técnicas. www.petersis.com/
Ambos gañadores xa forman parte de IBBY – organización internacional sen fines de lucro que fomenta o entendemento entre nacións a través da literatura infantil e xuvenil-.  Dita organización foi fundada por JELLA LEPMAN, escritora alamana que defendeu que os libros permiten construír pontes de comprensión e paz entre os pobos. Convencida diso, creou esta organización para establecer vínculos entre os pequenos a través de lendas, historias, invención, ilusión, creatividade, en definitiva, a través dos libros.  Foi nunha época dura, despois da Segunda Guerra Mundial, pero ela pensaba que os nenos e as nenas necesitaban algo mais que alimentos, medicamentos, roupa, etc. Para ela, necesitaban saber que ninguén está completamente so, que existen outras persoas que teñen e viven experiencias, sentimentos, necesidades, penas e alegrías semellantes. O mundo é inmenso pero as pequenas cousas non entenden de idades, lugares, razas ou idiomas.
Case 60 anos despois, JELLA LEPMAN sigue guiando os obxectivos de IBBY. Así esta organización da apoio e fomenta numerosos proxectos pioneiros para estimular o desenvolvemento de culturas lectoras en todo o mundo. E tamén, continúa con moitos proxectos de importancia histórica: O Premio de Promoción de la Lectura IBBY-Asahi, A Lista de Honor de IBBY, O Centro de Documentación sobre Libros para Niños con Necesidades Especiales e o Día Internacional del Libro Infantil e Os Premios Hans Christian Andersen. 

PREMIO ALMA DE LITERATURA 2012 (ASTRID LINDGREN MEMORIAL AWARD)


O gañador do Premio Literario ALMA, foi dado a coñecer en Suecia o pasado 8 de abril. Este ano foi para o escritor holandés GUUS KUIJER. Con títulos como Florian, El arte de perderse, Los mayores podrían hacer mejor la sopa, etc. xa se deu a coñecer en infinidade de países e foi traducido a unha morea de idiomas. Este premio recoñece a autores, ilustradores, organizacións, e iniciativas que inciten á lectura. O seu obxectivo é potenciar e aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil en todo o mundo, e fomentar o dereito das nenas e nenos á cultura nun ámbito global. A entrega do premio farase nunha cerimonia ao aire libre no Museo Skansen de Estocolmo, o día 30 de maio.
Este premio naceu no ano 2002, en memoria da muller que nunca resistiu a tentación de trepar ás árbores, ASTRID LINDGREN. Esta muller foi unha das escritoras mais importantes da literatura do século XX. Escribiu mais de 100 obras, que foron traducidas a 86 idiomas. Ronja, El pequeño mío, Miguel el travieso, etc. son algúns dos seus títulos. Con todo, fíxose famosa grazas a Pipi Calzaslargas, unha rapaza de oito anos, co pelo vermello, que protagonizou gran parte da súa creación. Pipi era intrépida e independente e atreveuse a cuestionar o razonamentos dos adultos dos anos 1945. Falamos dunha época na que os nenos y mais as nenas, só tiñan a opción de escoitar e obedecer aos maiores. Nunca esqueceu á nena que levaba dentro e por iso, nunca deixou de loitar polos dereitos dos mais pequenos.
"Una infancia sin libros no sería la infancia en absoluto. Sería como quedar aislado de la tierra encantada, donde la más rara de todas las alegrías se pueden encontrar. " Astrid Lindgren .
Cada ano grazas a este premio recordaremos a vida e obra dunha sueca que o único que pediu para o seu último aniversario foi: «Paz en el mundo y bonitos vestidos». Se queres coñecela un pouco mais:
http://www.astridlindgren.se/
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...