mércores, 27 de xuño de 2012

PECHAMOS A BIBLIO. LIBRIÑO TAMÉN COLLE VACACIÓNS.

Rematou o curso e como nos portamos moi ben con LIBRIÑO, nos divertimos coas cousas da biblio e coidámolas… agasallounos cunhas medallas moi chulas. Tamén trouxo una chea de gusanitos que degustamos todo xuntos, estaban para chuparse os dedos!.

FESTA PECHE BIBLIOTECA from maeva on Vimeo.

xoves, 21 de xuño de 2012

LOS ZAPATOS PREFERIDOS DE LULÚ

Con este conto acercámonos ao incrible mundo dos zapatos. A protagonista, Lulú ensinounos a súa colección persoal de zapatos e nos, lembramos e explicamos como son os nosos e xogamos cos que trouxemos ao cole: nomes, cores, tempo nos que se poñen, sons que fan, lugares onde se poden levar ou non, etc. Logo quixemos facer uns para o verán e que mellor que as chancletas. Para rematar, preparamos un desfile e presentamos a nosa colección de chancletas para este verán. MIRÁDE...É DO MAIS CHIC.

LOS ZAPATOS DE LULÚ from maeva on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA: "Los 7 cabritillos"

O pasado venres, rematamos a actividade de “contacontos en familia”, por este curso. A nai de Andrés, Jenny, contounos este precioso conto e pasámolo moi ben, porque falaba como os seus personaxes. Escoitamos á nai dos cabritiños, ao cabritiño pequeno a tamén, ao terrible lobo. Aquí tedes un chisquiño da sesión…

mércores, 13 de xuño de 2012

RIMAS NO FONDO DO MAR

Estes días, na clase das bolboretas, estivemos improvisando coas rimas. Como estamos preto do mar, inventamos pequenos versos cos seus animais, estampamos os que mais nos gustaban nunha peceira e fixemos de poetas…

RIMAS DO FONDO DO MAR from maeva on Vimeo.

EL PEQUEÑO REY DE LAS FLORES

Con este conto “EL PEQUEÑO REY DE LAS FLORES”, lembramos o que están traballando sobre as flores. Coñecemos que poden ser de moitas cores, que alegran a nosa vista e nos poñen contentos e que as veces, gardan segredos e conceden desexos…

EL PEQUEÑO REY DE LAS FLORES from maeva on Vimeo.

martes, 5 de xuño de 2012

“¿QUEN É O MONSTRO?”

Na aula de 5 anos cando remataron o seu monstro de cores e puxéronse a xogar con el, pasou algo monstruoso. Os nenos e nenas transformáronse e puxéronse e quedaron así.

“TRES MONSTROS”

O de facer un monstro gustou moito, pero esta vez coñecemos a uns monstros de cores e eliximos no conto de David Mckee como o queríamos facer. Quedaronlles ¡chulíííííííísimos! porque xa son moi maiores!

“ONDE VIVEN OS MONSTROS”

Recordamos a Maurice Sendak vendo o seu album de monstros e decidimos facer o noso propio monstro despois de buscarle un nome. Pero… mentres o facían, saíulles o monstro que teñen dentro e xuntos posaron así de monstruosos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...