xoves, 25 de abril de 2013

Padriños lectores!

O mércores viñeron a visitarnos os nosos compañeiros do CEP Santa Tegra para contarnos uns contos moi moi bonitos!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A digital slideshow by Smilebox

MAÑÁ VENRES, FESTA EN "LIBROS PARA SOÑAR" POLO SEU 13º ANIVERSARIO!!!!!!


Os autores Pilar Martínez e Chema Heras serán os invitados especiais de LIBROS PARA SOÑAR mañá venres, a partir das 18:30 horas, na festa que organiza a libraría infantil do Casco Vello vigués con motivo do seu 13º aniversario. Os nenos e nenas axudarán a soprar as velas da torta de cumpreanos e poderán tomar uns petiscos caseiros despois da sesión de contacontos: “A galiña roxa”, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis” (Kalandraka) e “O señor Don Nicanor” (Faktoría K) son algúns títulos do repertorio.




FEIRA DO LIBRO NA EEI MONTE DA GUÍA!!!!



Esta semana tivemos no cole a Feira do Libro para facer o espurgo nas nosas bibliotecas da escola e tamén... na casa dalgún dos noso peques. tiñamos previsto que durara toda a semana pero hoxe xoves pechamo xa por falta de existencias. Esperamos que o pasedes ben cos libros que escollíchedes. Graciñas a todas as familias por colaborar.

























E para saber máis sobre as feiras do libro, aquí tedes algunhas CURIOSIDADES sobre as feiras do libro no mundo enteiro:

A FEIRA DO LIBRO DE BOS AIRES ocupa máis de 45.000 metros cadrados e é a que dura máis tempo, tres semanas.

A FERIA DO LIBRO DE FRÁNCFORT, en Alemania, é a maior feira comercial dos libros no mundo.

A LONDON BOOK FAIR é unha feira moi importante a nivel mundial, na que durante tres días os libros invaden, literalmente, as rúas de Londres.

A FEIRA DO LIBRO DE BOLONIA, en Italia, é a máis importante para o mercado editorial infantil.

A FEIRA DO LIBRO DOS ANXELES é a que mellor promove os libros de fala hispana nos EEUU.

mércores, 24 de abril de 2013

ESTIVEMOS NA FESTA DE INAGURACIÓN DA BIBLIODUNAS, NA EEI "AS DUNAS" DE PANXÓN!!!!!


Este curso 2012-2013, sólo dúas escolas de infantil entraron a formar parte do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares). Unha foi a nosa e outra a EEI As Dunas de Panxón. Nesta escola, o pasado ano, non tiñan biblioteca e viñeron ver a nosa para coller ideas. Este ano, profes, pequenos e familias estiveron traballando moito para construír a súa biblioteca e o día 23 de abril, por fin puideron inaugurala.

Alí estivemos Libriño e máis eu, a profe Elena,  porque nos invitaron e foi moi emocionante. Tiveron unha chea de actividades e da man da Editorial Kalandraca, estivemos gozando coa escritora Olalla González e o ilustrador de contos Marc Taeger, que nos fixeron alucinar coa súa maneira de contar e debuxar contos. Canto nos alegramos de que teñades a vosa biblio na escola!!!

NORABOA Profes polo voso estupendo traballo e GRACIÑAS por compartir con nos un día tan especial.


martes, 23 de abril de 2013

RAMÓN TRIGO VOLVE Á NOSA ESCOLA!

O Día 23, día do libro queríamos ter con nos ao padriño da nosa biblioteca, porque inauguramos un recuncho onde imos ter todos os libros que ten feito para infantil. RAMÓN TRIGO o noso padriño merece un oco especial na biblioteca e xa o temos. Despois contounos o conto “LA COSA NEGRA QUE PASÓ POR MI VENTANA” e celebrou con nos o ANIVERSARIO DE LIBRIÑO, a mascota da nosa biblio, que xa cumpre 7 anos. 
GRACIÑAS RAMÓN , esperámoste o venres para seguir coas actividades da semana do libro. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow personalized with Smilebox

luns, 22 de abril de 2013

HOXE VEU SONIA A CONTARNOS UN CONTO! "ELMER"

Esta semana do libro, tivemos a visita da nai de Uriel. Veu para compartir con nos un conto moi famoso da editorial Kalandraca: “ELMER”.  
Sonia trouxo unha chea de cousas e tivemos unha sesión de contacontos moi diferente e divertida. Tívonos a todos moi atentos cos animais, as cores de Elmer….E como nos portamos tan ben, tivemos un pequeno agasallo, unha chuche. Nos tamén démolle apertas e bicos, moitísimos!!! 
GRACIÑAS SONIA, esperámoste outro día. 


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow

UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NA "SEMANA DO LIBRO"



Aquí vos deixamos as actividades que imos ter esta semana, para celebrar a semana grande da biblioteca que é a "SEMANA DO LIBRO". Temos unha chea de actividades para gozar dos noso amigos os libros, coas súas historias e con amigos moi especiais que virán compartir con nos estas datas.


LUNS 22: CONTACONTOS CON SONIA A NAI DE URIEL que virá contar un clásico e imprescindible da literatura infantil “ELMER”. Tamén contaremos coa visita do actor galego ANTONIO DURÁN “MORRIS” ao que imos entrevistar para o libro que estamos a facer sobre o noso proxecto “XABARÍN 18”.

MARTES 23: INAUGURAMOS NA NOSA BIBLIO O RECUNCHO DE RAMÓN TRIGO. O noso padriño merece un oco especial nela e xa o temos. Despois vai contarnos o conto “LA COSA NEGRA QUE PASÓ POR MI VENTANA” e celebrará con nos o ANIVERSARIO DE LIBRIÑO, a mascota da nosa biblio, que xa cumpre 7anos.

MÉRCORES 24: TEMOS A VISITA DOS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS DO CEP SANTA TEGRA, que van contarnos uns contos sorpresa moi chulos.

XOVES 25: CONTACONTOS “EL PEQUEÑO BÚHO” e SESIÓN DE CETRERÍA con animais reais.

VENRES 26:  de novo SESIÓN DE CONTACONTOS CON RAMÓN TRIGO e o seu libro “As luces que se acenden e se apagan”. Compartiremos esta sesión cos noso amigos do Centro de Día Atalaia e tamén un OBRADOIRO DE ARTE INTERXERACIONAL, guiados polo noso amigo e ilustrador.

E durante toda a semana, ás 9:00h. e ás 14:00h., na entrada da escola, imos ter a FEIRA DO LIBRO. Esta feira é un punto de encontro para grandes e pequenos. Nela podedes coller os libros que queirades. Son totalmente gratuítos e non hai que devolvelos. Tamén podedes traer libros e contos que tedes nas vosas casas, co fin de que outros poidan gozar deles, porque…
OS LIBROS NON SE PODEN TIRAR, REGÁLAOS!!!!!!!!!!!!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...