Unha das actividades que fixemos na biblioteca, para celebrar o Samaín, foi elaborar un marcapáxinas en forma de pantasma que daba moitísimo meeeeeeeeedooooooooo!!!!!!!! Mirade como traballamos...
CONTACONTOS MAMÁ DE MANUEL - presentacion imagenes O venres veu ao cole Susana, a mamá de Manuel, a contarnos uns contiños co gallo de celebrar o Día das Bibliotecas (24 de outubro). Contounos o conto do rato Pincho, un contiño moi divertido e tamén, como están esperando a chegada dun novo membro á familia, contounos o conto de Bebé a bordo. Pasámolo xenial!!!! Moitas grazas Susana!!!!!
En 1983 publicouse Con ojos de niño, un libro de viñetas de Frato/Tonucci, que falaba indistintamente de nenos e nenas. Trinta anos despois publícase Con ojos de niña, fala en cambio de nenas, das súas dificultades, dos seus soños, dos seus privilexios. Escrito con Amparo Tomé, todos podemos recoñecernos facilmente na diversidade de situacións que presenta o libro, situacións da vida cotidiana, dificultades e trampas nos vínculos amorosos, anécdotas do mundo publicitario, frases de pensadoras e pensadores, famosos, mulleres premio Nobel, o prezo que pagan moitas nenas polo feito de nacer mulleres...
O salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra acollerá este
sábado 26 de outubro, a partir das 12:00 horas, a presentación do
libro-disco “Pan de millo“, con María Campos e Carlos Yus, de Migallas Teatro. Con eles, tamén participarán o ilustrador Dani Padrón e os responsables da produción musical, Magoia Bodega e Paulo Nogueira.
Por se queredes votar unha ollada, tedes máis información na web de Kalandraka: www.kalandraka.com, e cancións dispoñibles na web de Migallas:
Temos na nosa biblio un recuncho con libriños coa temática de Samaín; pódedes ver os seguintes títulos: EL MONSTRUO de Daniel Martín e Ramón Trigo, LOS MONSTRUOS NO EXISTEN de Kerstin Schoene, EL PIRATA METEPATAS y EL VAMPIRO DEBILUCHO de Rocío Antón y Lola Nuñez, MIAMIGA LA OSCURIDAD de Ella Burfot, O MONSTRUO de Itziar Zubizarreta e A BRUXA ENRABECHADA de Joles Sennell.
Os nenos e nenas
da aula de 3 anos, fixemos unha visita á biblio para buscar libros e contos que
nos axuden co noso proxecto dos coellos. Libriño e a profe Mariola prestáronnos
3 libros e pedíronnos que os coidaramos moito. Cando rematemos o proxecto votarémolos
á biblio. Graciñas Libriño e graciñas profe Mariola!!!
A profe Chus visitou a biblio para pedirlles a Libriño e á profe Mariola, libros
e contos sobre o mar que lles ensinará aos peques no desenvolvemento do
programa "Ollos de peixe".