mércores, 27 de novembro de 2013

A NOSA MASCOTA LIBRIÑO VIAXOU A EEUU!!!!!!


VIAXE DE LIBRIÑO A EEUU - presentacion imagenes

 A nosa mascota da biblio viaxou a EEUU. Vimos no globo terráqueo a viaxe tan longa que tivo que facer. Libriño trouxo a súa maleta cargada de recordos e estivémolos vendo, un mapa de EEUU, unha replica do Empire States, fotos das comidas típicas, fotos de distintas paisaxes, os billetes etc... Pasámolo xenial!!!!

luns, 25 de novembro de 2013

FIXÉRONNOS UN AGASALLO PARA A BIBLIO DE FAMILIAS!!!


A MAMÁ DE MARIA ELENA, DA AULA DE TRES ANOS, FÍXONOS UN AGASALLO PARA A BIBLIO DE FAMILIAS. UN LIBRO QUE SE TITULA "TRASTORNOS ALIMENTARIOS", TRÁTASE DUNHA GUÍA DE PSICOEDUCACIÓN E AUTOAXUDA ESCRITO POR ELA, QUE É LICENCIADA EN PSICOLOXÍA. MOITAS GRAZAS MARÍA!!!!!

SE ALGÚN PAPÁ OU MAMÁ QUERE DOAR ALGÚN LIBRO PARA A BIBLIO, ESTAREMOS ENCANTADOS DE RECIBILOS. GRACIÑAS

martes, 12 de novembro de 2013

O NOSO RECUNCHO DOS PROXECTOS CON OLLOS DE PEIXE E ONDIÑAS VEÑEN E VAN

Dende a nosa biblio queremos tamén colaborar nos proxectos CON OLLOS DE PEIXE E ONDIÑAS VEÑEN E VAN nos que está inmerso o noso cole. Contamos cun pequeno recuncho con libriños e contos sobre o mar, as praias, as illas, os animais mariños, os ríos etc...

luns, 11 de novembro de 2013

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS XOGAN COS GUSIDEDOS!!!!

Os nenos e nenas de 3 anos xogamos cos gusidedos empregando o conto de Hervé Tullet; para xogar só precisamos os nosos dedos, un rotu e pintarlles ollos e boca...e xa temos os gusidedos!!!!

luns, 4 de novembro de 2013

OS AMIGOS DE LIBRIÑO: PILÚ PILÚ TROUXO UN CONTO DE SAMÍN!!!!

PILÚ PILÚ é un amigo de Libriño que, de cando en cando, visita a aula dos nenos e nenas de 3 anos para levarlles un conto e gusanitos... Na súa tobeira ten unha chea de contos, porque lle gustan moito e nesta visita, trouxo un conto de Samaín do coello Puntillas !!!


 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...