Os contos sobre a solidariedade, a convivencia e a
cooperación ocuparán a sesión de contacontos de hoxe venres, a partir
das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A libraría infantil do Casco
Vello vigués súmase así aos actos conmemorativos do Día Escolar pola Paz
e a Non Violencia, que se celebrou o día 30 de xaneiro en recordo do pasamento de Mahatma Gandhi, hai 66 anos.
venres, 31 de xaneiro de 2014
mércores, 29 de xaneiro de 2014
MÁIS ACTIVIDADES DA BIBLIO DE CHAPELA
Estimados lectores:
Con motivo da celebración do Día da Ilustración, este xoves 30 de xaneiro, convidamos a rapaces e rapazas de todas as idades (de 3 a 99 anos) a achegarse á biblioteca para facer un debuxo de algún dos seus personaxes de conto preferidos. A actividade desenvolverase durante todo o horario da biblioteca: dende as 16:30 ata as 21:00 h.
Os debuxos formarán parte dun mural, que expoñeremos na sala infantil durante todo o ano.
Ademáis, os participantes na actividade, recibirán un cariñoso obsequio pola súa contribución
Podedes ver máis en: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/01/dia-da-ilustracion-na-biblioteca-de.html
Podedes ver máis en: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/01/dia-da-ilustracion-na-biblioteca-de.html
mércores, 15 de xaneiro de 2014
PROXECTO "OS DINOSAURIOS": LIBRIÑO E A PROFE MARIOLA EMPRÉSTANNOS LIBROS PARA DESENVOLVER O NOSO PROXECTO.
A semana pasada fomos devolver os libros de coellos á a nosa biblioteca e contámoslle á profe Mariola e a Lirbiño cal é o noso novo proxecto.
Hoxe os Coelliños de cores visitamos de novo a biblio para recoller os libros de Dinosaurios que atoparon a Profe Mariola e Libriño. Están cheos de sorpresas!!!
Hoxe os Coelliños de cores visitamos de novo a biblio para recoller os libros de Dinosaurios que atoparon a Profe Mariola e Libriño. Están cheos de sorpresas!!!
martes, 14 de xaneiro de 2014
CONTACONTOS DE NADAL CO ANPA: MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ!!!
Nela, mentres Olalla contaba as historias de "Garavanciño", os "Chivos chivóns" ou "Arthur", Marc debuxaba escenas chulísimas destes contos, que podedes ver nestas imaxes.
Estade atentos porque a ANPA ten previsto sortear dúas destas ilustracións que fixo Marc... Moita sorte!!!
luns, 13 de xaneiro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)