xoves, 26 de febreiro de 2015

CONTACONTOS COS PAIS DE NOA

O xoves pasado visitáronnos os pais de Noa para contarnos un fermoso conto. Este conto esta moi relacionado coa acuicultura que é ao que se adican o papá e a mamá de Noa. Libriño non perdeu detalle de todo canto aconteceu na biblioteca.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow personalized with Smilebox
Aquí vos deixo o conto por si queredes volver a velo coas vosas familias.





martes, 24 de febreiro de 2015

XORNADA DE CONTACONTOS

                              

ROSALÍA DE CASTRO

Este luns traballamos a figura de Rosalía de Castro cos nenos e nenas de catro anos, xa que o día 24 é o día dela. Mirade o que fixemos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free photo slideshow

luns, 9 de febreiro de 2015

SEGUIMOS COS CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe visitounos a nai de Axo e Nora de catro anos para compartir con nos unha sesión de contacontos na biblioteca. Non vos imaxinades a ilusión que lle fai aos nenos e nenas que alguén da súa familia veña a contarlle un ou varios contos os seus compañeiros.
Estes días o que anda ben contento é libriño que esta encantado de poder disfrutar no seu fogar ( a biblioteca) da compaña dos nenos e nenas e das súas familias.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow customized with Smilebox

domingo, 8 de febreiro de 2015

MÁIS CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana tivemos no cole dúas mamás que viñeron a contarnos contos. Unha foi a nai de Javi de cinco anos e a outra a nai de Aitana de tres anos. Pasámolo xenial e aos nenos lles encanta ver as mamás dos seus compañeiros contándonos contos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design created with Smilebox

PROGRAMACIÓN PARA O MES DE FEBREIRO DA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

Aquí vos deixo a programación do mes de febreiro, espero que vos animedes a participar.



A MÚSICA DE PACO NOGUEIRAS E AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO EN LIBROS PARA SOÑAR
O músico Paco Nogueiras actuará o vindeiro venres 13 de febreiro, con motivo da festa do Entroido, na sesión de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR, a partir das 18:30 horas. “O Entroido move o corpo” é o lema desta actividade e o título dunha das cancións do seu libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais dirixidos polo artista visual José Miguel Sagüillo.
As composicións de “Brinca Vai!” son o fío condutor da programación de LIBROS PARA SOÑAR durante todo este mes de febreiro.

Tralo concerto de Paco Nogueiras, a próxima sesión será o venres día 20, dedicada aos contos sobre a amizade, a partir da canción “Apertas que voan”, de “Brinca Vai!”. O broche final desta axenda será o venres 27, que vai xirar arredor do tema titulado “Nun libro…” e incluirá historias que fomentan a fantasía, a imaxinación e a creatividade dos lectores.

xoves, 5 de febreiro de 2015

VISITAMOS O CENTRO DE DÍA ATALAYA

Esta maña visitamos o centro de día Atalaya para compartir un rato cos avós,  e contarlles un conto titulado "Un chocolate moi especial". Puxéronse moi contentos de ternos alí e nós  disfrutamos moito por velos tan felices.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow design

mércores, 4 de febreiro de 2015

Raquel Queizás - Son San

Esta semana tivemos a grandísima sorte de que RAQUEL QUEIZÁS visitara de novo a nosa escola. Unha actividade de Normalización Lingüística coa que disfrutamos moitísimo peques e maiores, sempre é un pracer escoitar as súas historias!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow customized with Smilebox

CONTACONTOS EN FAMILIA COA NAI DE ROI

O pasado luns día 26 de xaneiro visitounos a nai de Roi para contarnos uns contos, pasámolo xenial. Mirade mirade!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow personalized with Smilebox
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...