mércores, 15 de xuño de 2016

Artistas!

Canto xogo deu o libro de Aprender a Reciclar con Plástico que viaxa nunha das mochimaletas! Chulísimas todas as cousiñas que chegan da casa!


Bos lectores!

Durante todo o curso, as abelliñas rexistraron nunha folla os títulos dos contos que levaban para casa cada fin de semana. Ó principio, as letras apenas se recoñecían e non eramos capaces case de seguir a liña de escritura. Neste traballiño vemos canto evolucionamos este curso, xa que nos últimos título escribimos con letra de super maiores!!

A semana pasada fixemos o reconto de libros que levamos: pegamos pegatinas cos números e logo ordenamos todos de menor a maior (os que máis contos levaron son os que trouxeron a bolsiña todas as semanas).

Encántanos traballar cos números! Especialmente cando as actividades teñen sentido e están relacionadas con algo da vida real!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free photo slideshow
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...