luns, 28 de novembro de 2016

PEQUENOS CONTACONTOS CON DARÍO E O LOBO EN... "CARAPUCHIÑA VERMELLA"

Mirade que ven fixo de contacontos Darío. Trouxo un conto de cando era pequena a súa nai, onde aparece un lobo. Para que vexamos o feo que é, e entendamos por que Puntillas e os coellos lle teñen medo. Contounos xenial "Carapuchiña Vermella". Por iso, rematou recibindo unha chea de aplausos.


xoves, 17 de novembro de 2016

PEQUENOS CONTACONTOS CON... MAURO E "MIFFY VISITA O ZOO"

Aquí tedes ao pequeno contacontos Mauro co seu conto "MIFFY VISITA O ZOO". A coelliña Miffy moi valente foi ao zoo e con Mauro ensinaronlle a Puntillas e a nos un montón de animais que non viven onde os coellos, nos bosques. 
Viven noutros lugares como o deserto ou a selva. Mauro ensinounos como son, moi bonitos e diferentes pero... un pouco perigosos. Contóuno xenial e démoslle unha chea de aplausos!!!!




domingo, 13 de novembro de 2016

NA AULA DE 3 ANOS COMEZAMOS O PRÉSTAMO DE CONTOS PARA A FIN DE SEMANA.

Como xa vos contei familias, as bolsas para facer o préstamo de contos van tardar en chegar ao cole. Por iso, decorando e reciclando, aquí tedes unhas bolsas de diferentes comercios que adornei e imos empregar ata que remate este trimestre.
Por favor, tedes que coidalas moito, para que nos duren... o mesmo que os contos. Todos os nenoe e nenas queremos gozar das súas aventuras.
E como levamos moito tempo sen levar contos, este fin de semana pola espera... poideron levar dous.
Lembrade que este préstamo, é para a fin de semana. Levan a bolsa o venres e teñen que traela o luns. Non o esquezades e respectar a normas que temos para cada actividade. Moitas grazas e a disfrutar dun tempo en familia entre contos!!!




mércores, 9 de novembro de 2016

CONTACONTOS CON ADA E O SEU MÁXICO LIBRO DO COELLIÑO BRANCO!!!!

Cando Ada abriu o seu libro do coellliño branco para lembrarnos a historia... comezaron a caer fotos do coelliño branco.... ten un conto con maxia!!! Así tivemos unha foto adhesiva de agasallo. E tamén trouxo unha canción dun coelliño que bailamos cando rematou o conto, por parellas que mudaban cada pouco...para bailar con todos os amigos e amigas!!!





luns, 7 de novembro de 2016

Gael en pequenoscontacontos con "La conejita Miffy"

Gael trouxo o conto da coelliña Miffy e... cantas cousas descubrimos que se poden facer nunha casa, aínda que sexas pequeno ou pequena como a coelliña Miffy. Por iso, a súa nai, como le axudou tanto... deulle un enorme pastel de agasallo. Gael contouno fenomenal!!!


SESIÓN DE CONTACONTOS COA PROFE VERO E OS SEUS AMIGUIÑOS COELLOS!!!!

A profe Vero estivo na aula dos coelliños para ensinarnos aos seus amiguiños coellos. Grisita unha nai coelliña e o seu fillo Quiky, un colliño moi pequeniño e suave. E despóis contounos o seu conto preferido o do "Pequeno coelliño branco". Pasámolo xenial!!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...