venres, 28 de abril de 2017

Contacontos e obradoiro cun dos contos preferidos da profe Elena: "¿Seguro que crecerá?"

Nesta semana tan especial, estivemos falando dos nosos contos preferido e tamén me tocou contar e ensinar os meus. Con este que fala de como é posible o que parece imposible... tivemos unha conversa moi interesante. E aproveitamos para facer o paixariño do conto. Mirade canto traballaron e que bonitos os fixeron. Que artistas!!!












Momentos na nosa biblio.

Seguimos pasando ratos na nosa biblio, escollendo e mirando o que nos gusta. E nesta semana do libro, non iamos faltar á nosa cita. E tamén, porque encántanos visitar ao noso amigo Libriño!!!






Os coelliños e coelliñas no concurso... "Debuxando a libriño"

Dentro das actividades da semana do libro, os coelliños e coelliñas tivemos un concurso de debuxo. Libriño, a mascota da biblio, pedíunos que o debuxaramos e que o fixeramos tan guapo como é, porque si o facíamos parecido a unha foto, ía darnos un agasallo.
Fixémolo igualiño!!! e por iso tivemos o noso agasallo... un contos chulísimos!!!






A maleta das emocións

Que sorpresa!! Onte recibimos na aula das abelliñas a MALETA DAS EMOCIÓNS!! Está cheiiiiiiiiiíña de contos fermosos!!




Temos un mes por diante para seguir reflexionando sobre como nos sentimos, que facemos cos nosos sentimentos e emocións, como xestionalos e canalizalos.

Onte lemos o primeiro conto:  OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN. Encantounos!


E logo imaxinamos e debuxamos os nosos monstros. Todos tan diferentes!!





mércores, 19 de abril de 2017

A toupiña en versión "B"

A Xabi non lle gusta moito o conto da toupiña...asi que respectamos o seu sentir e non o traballamos nas sesións de Biblio. Pero...él tamén correspondeu ao "esforzo" dos seus compis e fixo un contacontos alternativo do asunto coa axuda do seu amigo Iago. E que coa Biblioteca trabállanse mooooitas cousas, non si?
Proba superada! Noraboa Xabi!!!

Una pindó

Non nos daba chegado o final do conto!! porque ademáis da intriga e o ben que o contóu Paula Romina, a mami de Thiago,queríamos saber... qué será una pindó? e xa o aprendemos!! grazas pola sesión, pasámolo xenial!

xoves, 6 de abril de 2017

O LÚNS 3 VEU A NAI DE DARÍO A CONTAR UN CONTO CON UNHA SORPESA DE CORES .

PEQUEÑO AZUL Y PEQUEÑO AMARILLO

 

luns, 3 de abril de 2017

Pequenoscontacontos con Mauro e o conto preferido de George.

Mauro trouxo ao porquiño George, o irmán de Pepa Pig, e contounos o seu conto preferido de "Masa y el oso". Pero había unha sorpresa porque non era un conto no noso idioma. Estaba escrito en italiano e facíanos gracia escoitar como sonaba. Pero non entendíamos nada, por iso, Mauro contou a historia. Foi un contacontos moi creativo e divertido que inventou a historia interpretando os debuxos.




Pequenoscontacontos con Celeste con "Los 3 cerditos".

Celeste trouxo outro conto dos tres porquiños. De novo descubrimos outra historia dos tres porquiños con cousas diferentes: lugares, roupa, etc. Contouno cos diálogos, facendo voces...Foi unha contacontos xenial!!!




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...