mércores, 22 de novembro de 2017

O CONTO QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI...

Despois da sesión de teatro con MIGALLAS, os coelliños e coelliñas falamos dos contos que nos contaron e fixemos un debuxo dun deles. Do conto que maís nos gustou.




xoves, 16 de novembro de 2017

Contiños e música con Bea Campos!

Dentro da campaña Impórtanos hoxe tivemos unha sesión de contiños e música da man de Bea Campos (Migallas Teatro). Xenial!!


luns, 13 de novembro de 2017

Contacontos en familia con Susi e Manuel, os papis de Mauro!

No proceso de biblioteca, hoxe a sesión foi dirixida por Susi e Manu, os papis de Mauro.
Grazas familia!




PEQUENOS CONTACONTOS CON MAURO E "YO PUEDO".

Mauro trouxo un conto, onde descubrimos o importante e interesante que é ter un irmán maior, polas cousas que te ensina.  E despóis, contóunos como aprendeu a xogar ás "canicas" e foi o noso mestre. Que ben o fixo e que estilo!!!
O mellor foi que trouxo unha bolsiña delas para cada un de nos. Para que practiquemos e xoguemos en casa, no parque, etc. Que sorte tivemos!!!
Graciñas por ensinarnos e polo agasallo!!!




xoves, 2 de novembro de 2017

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...