mércores, 23 de maio de 2018

SESIÓN DE CONTACONTOS NO I.E.S. "A GUÍA"

Así preparamos a visita, facendo un agasallo para os maiores do I.E.S. "A GUÍA", que nos invitaron a visitalos e gozar dunha sesión de contacontos.



E chegou o día que nos dixeron para visitalos, e alá fomos co noso agasallo os coelliños e coelliñas.


Menuda sorpresa!!! Tivemos unha sesión cargadiña de contos. Houbo de historias de cans como Rocke, de animais parlanchíns, de viaxes que non saían ben, unha da vaca Paca, de bruxas, con tesouros de moedas de chocolateque comimos, e de moitísimos personaxes máis. Algunhas inventadas por eles, outras con monicreques e outras dos libros.











E rematamos, intercambiando agasallos. As bolsiñas que fixemos onde gardamos galletiñas de chocolate, foron un éxito. E ata pelexaban por elas, non polas galletas, porque lles gustaban os nosos debuxos.
E eles tiñan casi tantos agasallos para nós, como contos!!! Mirade!!!



Foi unha experiencia chulísima e repetirémola. MIL GRACIÑAS A ESTHER, a profe que nos convidou.

martes, 15 de maio de 2018

ASÍ FIXEMOS O "LIBRO DE HISTORIAS"


Así fixemos o último libro co que rematamos a inventigación sobre o mundo dos libros. Nesta ocasión, os protagonistas somos nos e así nos debuxamos.





 Logo nos presentamos e contamos cousas que nos pasaron. Alguhas certas e outras inventadas.


Seguimos escollendo e pintando un debuxo co que imaxinar historias que van estar no libro. Escribimos o seu nome e colocamos as follas do libro, para pegar os debuxos onde correspondía, onde estaba a nosa "foto".




Rematamos, facendo a portada e a contraportada, e empregamos a plastificadora para poñelas máis duras.


E xa so quedaba, antes de levalo á nosa biblio da aula, xogar a inventar e vivir historias. Un libro que nos gusta moito, porque podemos vivir as aventuras que nos queramos.




mércores, 2 de maio de 2018

XA FIXEMOS OUTRO LIBRO TITULADO "ANIMALARIO"


Nesta ocasión xuntamos algunhas preferencias que tiñamos, para facer varios libros nun solo. Porque querían facer un libro de animais do mar, outro do deserto, outro da selva, etc. E despois de falar, pensamos que era máis doado facar un de animais en xeral. E decidimos empregar o abecedario dao armario para pensar nun animal con cada letra.
Con algunas letras era un pouco difícil. Por iso tivemos que buscar en internet e así, coñecimos outros animais e os seus nomes un tanto raros. 
E xogamos un pouco a facer o animal!!! Comezamos o libro picando cada un dúas letras, porque eran moitas.E copiamos e repasamos, os debuxos de dous animais que eleximos. A profe, alucinada, porque o fixeron xenial!!!












Logo, coloreamos os debuxos e pegamos as letras nunha cartolina amarela, porque quixemos facer o libro de follas amarelas.Fixemos a portada e contraportada. E atentos a cando aparecía a letra dos nosos animais, gardando a quenda, fomos pegando cada animal na súa folla.



E xa por último, co animalario encadernado, velo e xogar con el. Contando historias dos seus animais. facendo dos animais que aparecían cando abría o libro ao chou. E tamén, xogamos ás adiviñas. Tentando adiviñar a letra polo tacto. E tentando lembrar cal era o seu animal. 



Un traballo moi duro o de crear un libro, pero moi gratificante aprender e descubrir a cantas cousas podemos xogar con el. E agora xa está na nosa biblio da aula para seguir xogando.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...